Wiki de Debian Edu
Debian Edu é un sistema operativo baseado no Debian, que está adaptado as necesidades das escolas e institucións deste tipo. Debian Edu permite crear unha rede completa e integra moitos paquetes con programas educativos, clasificados por temática e nivel educativo nos metapaquetes axeitados: por iso é unha Mestura Pura de Debian. Hai dispoñibles medios de instalación de Debian oficiais.

Pode atopar máis información na Wiki de Debian Edu e nos manuais.

Probe Debian Edu, se vostede

  • ten que administrar unha sala de informática, ou a rede completa dunha escola
  • gustaríalle montar servidores, estacións de traballo e portátiles; de maneira que podan comunicarse entre sí
  • quere ter a estabilidade de Debian, pero cos servizos de rede xa configurados
  • gustaríalle usar unha ferramenta web para xestionar sistemas e centenares de usuarios
  • pregúntase se, e como, pódense reciclar os ordenadores vellos

Descarga / Instalación / Manuais

A páxina co estado da versión actual (Bookworm) conteñe ligazóns de descarga actualizadas. Pode atopar instrucións máis detalladas nos manuais correspondentes. Os manuais están dispoñibles en máis de dez idiomas.


Ferramenta de Administración GOsa²

Debian Edu 12 (Bookworm) co escritorio Xfce